martes, 12 de abril de 2011

¿POR QUÉ EN COUZADOIRO?

A pregunta é clara; ¿por que aquí e non noutro lugar? Unha vez que se decataron que querían vivir no campo, tamén pensaron nun lugar do norte de España, onde tiveran mar, montaña, moita vexetación, menos urbanización....unha combinación de factores que só no norte atopamos. En Asturias empeza a súa búsqueda , pero pronto acaban coñecendo unha casa en Cariño (pobo situado a uns 30 km de Couzadoiro). Esta casa requírelles tempo de estudio e varias visitas, nas cales coñecen algo mais a zona e acaban atopando a casa de Couzadoiro. Gustoulles moito a idea de que a casa se atopara rodeada de castaños, a súa ubicación, preto da costa e non moi lonxe dos servicios (Ortigueira esta a uns 8 km, supermercado, centro medico...). Cando conseguen cerrar o trato có propietario, rompen có seu traballo anterior. O dono necesitaba uns meses, os cales eles aproveitan para viaxar a India e continuar cós seus proxectos. Volven o cabo duns 6 meses e comezan o duro traballo de rehabilitación...dende outubro do 2005 ata o verán do 2008.

Xurde unha pregunta: ¿atopámonos diante dun caso de neoruralismo? Eu penso que si, nun típico exemplo, de xente que emigra da cidade cara o campo na busca dun vida mais tranquila e ademais neste caso para desempeñar unha actividade con relación a ese entorno.

No hay comentarios:

Publicar un comentario