domingo, 5 de junio de 2011

PRESENTE E FUTURO DA CASA


A vivenda conta con dúas habitacións dobres, con saída independente o exterior e un apartamento para catros persoas, cada un destes tres compartimentos esta ambientado nun concepto distinto: “o bosque” “outras culturas” e “a vida rural”. Podedes ver a distintas fotos no seguinte enlace http://www.toprural.com/Casa-rural-habitaciones/Ultreia_67582/fotos_pc.html ou nos enlaces do blog.
Na casa de “Ultreia” hai traballo, a xente cando ven por primeira vez, coñece o lugar, o trato..quere repetir, moitos dos clientes repiten.
Fan uns almorzos moi especiais, unhas bandexas de froitas cortadas e colocadas formando fermosas figuras, os nenos son os primeiros en rematar a froita. Ademais doutros productos.
Ensínanlles rutas de sendeirismo, lugares especiais, paisaxes, actividades ligadas o souto (fungos, castañas...) e interactuan co visitante.
A casa non é moi grande pero de momento váiselle sacando partido. A pesares de que non levan moito tempo no negocio nin no pobo, as relacións cos veciños son boas o mesmo que o funcionamento do negocio.
Hai temporadas baixas que aproveitan para viaxar a india ou a Alacante...
Podemos afirmar que o negocio funciona ben e ten unhas boas perspectivas de futuro.
Tamén lles gusta o cultivo de froitos do bosque, teñen unha pequena parcela experimental con moi bos resultados.