viernes, 20 de mayo de 2011

AXUDAS, FACILIDADES, DIFICULTADES...QUE PANORAMA ATOPAMOS?

Cando pechan o trato e a casa e deles...comeza o traballo. Unha parte da casa tiña unha habitabilidade relativa, nela é na que viven mentres reconstrúen o resto. O proceso dura dous anos longos. Durante ese tempo sacan os permisos oportunos e tratan de acollerse a algunha axuda. Isto déixalles un recordo pouco agradable. Falase de moitas axudas pero a hora da verdade...son poucas e nada doadas de conseguir. O sistema burocrático a seguir acaba bloqueando a moita xente. Cando eles piden as axudas só quedaban 2 tipos: As dedicadas a aldeas rurais e as casas con actividades agropecuarias (para coidar o medio). Nesta segunda intentárono, pero tiñan que darse de alta como gandeiros...o final desistiron. Pódese dicir que a administración acabounos queimando xa que eles polas súas ideas e proxectos merecían axudas. Cabe tamén dicir que no momento que chegan a xunta acababa de quitar algunha axuda.
A administración foi unha das súas primeiras dificultades xunto co récelo que tamén tiñan por vir de lonxe, medo pola aceptación dos veciños...O señor que lles vendeu a casa presentoulles veciños para tratar de introducilos ademais eles buscaron cursos e actividades para coñecer xente..e así pouco a pouco se fai o camiño.