miércoles, 6 de abril de 2011

Introducción

A casa rural ultreia sitúase nos "loureiros" aldea da parroquia de San Salvador de Couzadoiro, pertencente o concello de Ortigueira. Unha finca enorme de castaños, así como as vistas o mar (Ría de Ortigueira-Ladrido) converten o lugar nun sitio fermosísimo.
Fernando e Ingrid son os seus propietarios. Fernando traballaba en cooperación e é deseñador (delineante), viaxaba por Asia...Ingrid fixo traballo social e vivía en Alacante onde traballaba nunha empresa de servicios socioculturais. Ademais colabora coa fundación "Vicente Ferrer" e é así como se coñecen.
Atopan un punto en común na súa vida tan sosegada e deciden ir vivir o campo. A súas experiencias vitais foron creando a súa forma de ser e así identifícanse mais cós ritmos de vida propios do rural e non cós da cidade.
Ven no turismo rural unha opción de vivir no campo e obter ingresos, entendendo o turismo rural como unha actividade que respecte o medio. Ademais colaboran cunha fundación da India na cal inverten unha parte das súas ganancias.

O seu proxecto basease en tres piares básicos:
-Revalorización do medio rural

"Buscar e apoiar formas de desenrolo rural unidas a mellora da calidade de vida. Crear un espazo para a posta en marcha de actuacións vinculadas o terreo laboral dentro do contexto do turismo rural."
.
-Conservación do medio ambiente

"A casa atopase rodeada dun dos maiores soutos do ortegal e posiblemente da Provincia. Conservar e favorecer o mantemento de especies forestais autóctonas afrecendo a outros a posibilidade de disfrutar do encanto do bosque e os seus productos a través do aloxamento así como mediante a participación en actividades de caracter medioambiental no lugar."

-Responsabilidade social

"Ofrecer un lugar de encontro favorecendo o intercambio de diferentes culturas dentro e fora do noso pais, incluindo a colaboración con iniciativas para un desenrolo sostible noutros lugares do mundo." 

No hay comentarios:

Publicar un comentario